Viño Mencía elaborado pola bodega Chao do Couso con denominación de orixe Ribeira Sacra.

Viño Mencía Xiana Chao do Couso

7,50€Price
  • Fase visual

    Moi vivo con unha capa intensa, con un vermello picota moi intenso e un reberete azulado moi brillante, bágoa prolongada reflexo dun viño moi glicérico.

    Fase olfáctiva

    Nariz moi fina con unha intensidade que vai aumentando a medida co viño esta na copa, sobresaen os olores a froita moi madura (cereixa, ameixa, mora), moi sutil e persistente.

    Fase gustativa

    Estrutura en boca intensa con un tanino doce moi prolongado, carnoso, maduro e con unha astrinxencia moi agradable, con unha persistencia prolongada e un intenso retrogusto.